O venres 7 de marzo
contamos coa visita de Ana, que veu á nosa clase para ensinarnos a
facer un experimento moi sinxelo e divertido.
Como xa sabíamos,
as plantas absorben a auga pola raíz e distribúena a través dos
vasos condutores do talo. Ela axudounos a velo cunha demostración
deste fenómeno con ¡¡auga de cores!!
A preparación foi moi sinxela, non tardamos máis de 10 minutos
Para obter o
resultado tivemos que esperar unas horas.
Os materiais que utilizamos foron:
2 caraveis de talo
longo, 2 vasos ou recipientes transparentes , auga e colorantes
alimenticios de diferentes cores.
OBXECTIVOS
DIDÁCTICOS:
- Coñecer o proceso de alimentación dunha flor
- Comprobar como a auga é absorbida desde a raíz pasando por toda a flor
- Descubrir procesos naturais a través de experiencias sinxelas.
DESENVOLVEMENTO:
Nun vaso con auga e
colorante, metímos un caravel cun talo longo, deixamos que a flor
vaia absorbendo a auga e ao día seguinte vímos como os bordos do
caravel quedaron tinguidos da cor da auga.
POSIBLES
VARIACIÓNS:
Podemos usar
unhas tesoiras para dividir o talo de forma vertical en 2 y cada
parte do mesmo introducímola en vasos diferentes con auga e con
colorante de diferente cor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario