miércoles, 12 de marzo de 2014

Experimentamos coas plantas

O venres 7 de marzo contamos coa visita de Ana, que veu á nosa clase para ensinarnos a facer un experimento moi sinxelo e divertido.


Como xa sabíamos, as plantas absorben a auga pola raíz e distribúena a través dos vasos condutores do talo. Ela axudounos a velo cunha demostración deste fenómeno con ¡¡auga de cores!!





 A preparación foi moi sinxela, non tardamos máis de 10 minutos
Para obter o resultado tivemos que esperar unas horas.


Os materiais que utilizamos foron:

2 caraveis de talo longo, 2 vasos ou recipientes transparentes , auga e colorantes alimenticios de diferentes cores.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:        
  • Coñecer o proceso de alimentación dunha flor
  • Comprobar como a auga é absorbida desde a raíz pasando por toda a flor
  • Descubrir procesos naturais a través de experiencias sinxelas.
DESENVOLVEMENTO:

Nun vaso con auga e colorante, metímos un caravel cun talo longo, deixamos que a flor vaia absorbendo a auga e ao día seguinte vímos como os bordos do caravel quedaron tinguidos da cor da auga. 



 

 

 


POSIBLES VARIACIÓNS:

Podemos usar unhas tesoiras para dividir o talo de forma vertical en 2 y cada parte do mesmo introducímola en vasos diferentes con auga e con colorante de diferente cor.